Eduardo Pondal

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Eduardo Pondal

Mensaje por Milleiro »

XENEALOXIA DE EDUARDO PONDAL, poeta galego

De ascendéncia fidalga.

I XERACIÓN
Xoán González-Pondal Froys, casou con Xosefa Abente Chans, falecida o 29 de xuño de 1836. Xoán finou en 1861, máis testou o 18.11.1843.

II XERACIÓN
- Eduardo María González-Pondal Abente, EDUARDO PONDAL, bautizado na capital do concello de Ponteceso parroquia de San Tirso de Cospindo o 8 de febreiro de 1835, máis nado posibelmente o dia 6, e faleceu na cidade A Coruña rúa Xoana de Vega 21 Hotel La Luguesa o 8 de marzo de 1917. Está soterrado no cemiterio de San Amaro da cidade de A Coruña.
- Emilia González-Pondal Abente
- Xosefa González-Pondal Abente
- Eduarda González-Pondal Abente
- Xulia González-Pondal Abente, a única dos 7 irmáns que tivo descendéncia
- Eudoxia González-Pondal Abente
- Cesáreo González-Pondal Abente
- Isidro Parga Abente, primo irmán de Eduardo Pondal. Naceu en Laxe en 1843, foi doutor en Mediciña

III XERACIÓN
- ¿Fillo de Isidro Parga Abante?

IV XERACIÓN
- Isidro Parga Pondal, neto de Isidro Parga Abente. Naceu en Laxe o 17.12.1900.

V XERACIÓN
- José Ramón Parga Peinador, fillo de Isidro Parga Pondal. Naceu en Compostela o 04.06.1936 e faleceu na mesma cidade en 1978.

FONTES:
1. Escolma do dia das letras galegas, de X.L.F. e X.C.R.P. 2000
2. Enciclopedia Gallega, Tomo 24
Última edición por Milleiro el 24 Dic 2005, 13:23, editado 1 vez en total.
victoriano abente

Re: Família Pondal

Mensaje por victoriano abente »

Milleiro escribió:XENEALOXIA DE EDUARDO PONDAL, poeta galego

De ascendéncia fidalga.

I XERACIÓN
Xoán González-Pondal Froys, casou con Xosefa Abente Chans, falecida o 29 de xuño de 1836. Xoán finou en 1861, máis testou o 18.11.1843.

II XERACIÓN
- Eduardo María González-Pondal Abente, EDUARDO PONDAL, bautizado na capital do concello de Ponteceso parroquia de San Tirso de Cospindo o 8 de febreiro de 1835, máis nado posibelmente o dia 6, e faleceu na cidade A Coruña rúa Xoana de Vega 21 Hotel La Luguesa o 8 de marzo de 1917. Está soterrado no cemiterio de San Amaro da cidade de A Coruña.
- Emilia González-Pondal Abente
- Xosefa González-Pondal Abente
- Eduarda González-Pondal Abente
- Xulia González-Pondal Abente, a única dos 7 irmáns que tivo descendéncia
- Eudoxia González-Pondal Abente
- Cesáreo González-Pondal Abente
- Isidro Parga Abente, primo irmán de Eduardo Pondal. Naceu en Laxe en 1843, foi doutor en Mediciña

III XERACIÓN
- ¿Fillo de Isidro Parga Abante?

IV XERACIÓN
- Isidro Parga Pondal, neto de Isidro Parga Abente. Naceu en Laxe o 17.12.1900.

V XERACIÓN
- José Ramón Parga Peinador, fillo de Isidro Parga Pondal. Naceu en Compostela o 04.06.1936 e faleceu na mesma cidade en 1978.

FONTES:
1. Escolma do dia das letras galegas, de X.L.F. e X.C.R.P. 2000
2. Enciclopedia Gallega, Tomo 24
José Manuel Bértolo
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 65
Registrado: 21 Oct 2012, 20:43

Re: Eduardo Pondal

Mensaje por José Manuel Bértolo »

Vexo nesta xenealoxía algúns erros. Hai dúas mulleres Abente que casaron con dous González Pondal (o González logo desaparece) o que provoca confusións. Na próxima revista Nalgures que sairá en decembro presento un artigo sobre "os alfolís de Laxe" nos que aparecen varios membros destas familias e como a cousa non estaba clara, fixen a árbore xenealoxica dos Abente Pondal, dos que no artigo se dá bastante información. Resumindo:

FAMILIA ABENTE
(Como datas de nacemento e defunción figuran moitas veces as de bautizo e enterro)
Andrés Abente Costoya (finado en 1748) e Ángela Varela Rodríguez (1708-1762) Pais de:
Ignacio Abente, (Anllóns, 6/05/1736 – Laxe, 26/04/1802) Casou o 13/01/1772 en Laxe con Josefa de Vales e Calo (Laxe, 1749-19/04/1814) filla de Antonio e Josefa Álvarez de Calo. Pais de
Isidro Abente Vales (Laxe, 3/04/1772- 4/10/1842) bautizado co nome de Isidoro. Casou con Mª del Rosario Gerónima Chans (Corme, 1775?- Laxe, 8/05/1847), filla de José e Mª Rosa Mourelle. Foron pais de 15 fillos-as:

1.- Eduardo María José Ignacio Inocencio Ramón Abente Chans, (Anllóns, 29/12/1801- Laxe, 10/12/1854). Cura párroco de Bamiro e Tines.
2.- Angela Fernanda Abente Chans. (29/05/1803 -29/06/1836). Casou o 21/06/1821 con Juan Pondal Frois, hacendado y comerciante, fillo de Bernardo e Josefa, finado o 8/05/1861 e enterrado o 10, onde aparece como “González Pondal”. Pais de:
A.- Cesáreo Manuel Pondal e Abente, (Laxe,23/03/1822-30/08/1897)
B.- Emilia Francisca Xaviera Pondal e Abente, (8/12/1823). Debeu morrer de nena..
C.- Eduarda Francisca Pondal e Abente, (S.Tirso de Cospindo 23/12/1828-).
D.- Julia Maria Josefa Pondal e Abente, (S.Tirso de Cospindo 22/04/1831-)
E.- Eulogia Nicolasa Pomposa Mª de la Merced (S.Tirso de Cospindo 22/9/1833-) .
F.- Eduardo María Pondal, (Cospindo, 8/02/1835– Coruña,8/03/1917) bautiz. o 10.
3. Josefa Francisca Gervasia Abente Chans, (23/06/1805). Casou o 9/08/1829 co avogado Antonio Freire de Andrade, veciño de Corcubión. Pais de Antonio e José.
4.- Juana Paula Abente Chans, (30/06/1807- 21/12/1875) Casou o 26 de xuño de 1842 con José González Pondal del Pozo e Ruíz, natural de Santiago, fillo de Francisco, natural de S. Tirso de Cospindo, e de Mª de los Dolores Ruíz, natural de Padrón. José finou 18/03/1899 aos 84 anos, segundo a lápida que está diante da igrexa da Atalaia. Pais de:
A.- Isidro González Pondal e Abente, (30/04/1843). Pais de Matilde, nacida en Logroño, casada José Parga Casal, doutor en Dereito e natural da parroquia compostelá de Salomé, foron os pais de Isidro Parga Pondal, (Laxe, 24/12/1900- 4/05/1986).
B.- Elvira Pondal e Abente casou con Enrique Ferreiro Abente, natural de Santiago. Elvira finou o 26 de xuño de 1885. Foron pais de Mª Concepción Elvira Ferreiro Pondal,
C.- Emilia Pondal e Abente, con 25 anos casou en Laxe o 30/04/1870 con Juan García Pondal, de 38 anos, fillo de Francisco e Juana, vs. de Laxe.
5.- Leandro Felipe Fernando Abente Chans, (17/09/1808-Muxía,19/09/1896) Casou en Muxía o 6/06/1840 con Manuela Lago Díaz (1819-1900 ), filla de Vicente e Isidora. Pais de:
A.- Ezequiel Abente y Lago,(Corcubión, 3/04/1841- Madrid, 17/12/1943). Casou en Málaga en 1869 con Rafaela Escobar Lopez (+1882) con quen tivo varios fillos, sobrevivindo: Flora e Ezequiel. Logo en 1883 casou con Cristina García de la Torre, sendo pais polo menos de Narciso e Leopoldo.
E dado que os libros sacramentais de Muxía non están no arquivo diocesano, os datos dos outros fillos están sacados de https://gw.geneanet.org e doutros lugares
B.- Victorino Abente e Lago,( (Muxía, 2/06/1846–Paraguai, 22/12/1935. Poeta radicado en Paraguai, onde casou con Inés Isabel Myszkowski Argaña, con sucesión
C.- Victoriano Eulogío Abente e Lago,( (Muxía,1849-Paraguai,1930). Casou con Maria Haedo e Machain, con descendencia.
D - K.- Natalia (1852-), Eduarda (1855-), Balbina, Isidro, Filomena, Asunción, Julia, Aquilina.
6.- Nicolás José Lorenzo Abente Chans, (7/09/1809-) Casou con Carmen Ferreiro Torreira, filla de Domingo, natural de Romaris (Vilagarcía) e Antonia, natural de Santiago, con que tivo por fillos a Antonio María Segundo, bautizado o 3 de xuño de 1856, e a Elvira Juliana, bautizada o 8 de xaneiro de 1858. Nicolás outorgou testamento o 7 de abril de 1859.
7 e 8.- Jose Antonio Bruno Abente Chans (7/10/1810 - 6/12/1883) e Mª del Rosario de san José, xemelga de José Antonio.
José Antonio tivo de Francisca Lema e Mato, filla de Manuel, natural de Canduas, e Josefa, natural de Laxe, un fillo chamado Bernardino Demetrio Manuel. Logo cando José tiña 43 anos e Francisca 35, casou con ela o 13 de abril de 1854.
A.- Bernardino (7/20/1849-3/08/1898) casou o 27 de xullo de 1881 con Josefa Vidal, que finou aos 38 anos o 22 de febreiro de 1890, a consecuencia dun parto. Pais de:
a.- José Fructuoso Pondal Vidal, bautizado o 12 de febreiro de 1882
b.- Nicolás Demetrio Cesáreo Pondal Vidal, bautizado o 28 de decembro de 1886.
c.- Leonila Valentina Francisca Pondal, bautizada o 3 de novembro de 1888.
d.- Eugenio Leandro Pondal Vidal,, bautizado o 20 de febreiro de 1890.
B.- Isidro Victor Niceto Pondal Lema, bautizado en Laxe o 23 de marzo de 1855
C.- Emilia Josefa Mª del Rosario Pondal Lema, bautizada o 22 de outubro de 1856. Casou o 16 de febreiro de 1884 con Francisco Juega, fillo de José (+7/03/1870), natural de Vilaxoán, e de María Charlín, natural de Laxe. Tiveron descendencia: Manuel Francisco (23/10/1887), Julia Elvira (23/01/1892 - 6/06/1894) e Francisco Luis (8/10/1896 - 21/12/1972).
D.- Nicolás María Narciso Pondal Lema, bautizado o 29 de outubro de 1858.
E.- Cándida Pondal Lema, bautizada o 10 de maio de 1861.
9.- Eduarda María Teresa Castora, bautizada o 30 de marzo de 1812.Morreu pronto.
10.- Francisca Josefa Agustina Abente, nacida o 28 de agosto de 1813. Morreu ao pouco.
11.- Isabel María del Rosario Abente Chans, bautizada o 18/11/1814. Morreu pronto.
12.- María Luisa Abente Chans,(3/02/1816-4/05/1888) Casou con Francisco Rodríguez Sánchez de Ulloa, natural de Sísamo e vº de Camelle. Veciños de Carballo e logo de Laxe.
13.- Amalia Abente Chans, (11/06/1817) Morreu de nena.
14.- Luisa Josefa Abente, bautizada o 20 de decembro de 1818. Morreu ao pouco.
15.- Mariana Abente Chans, que casou o 25 de agosto de 1845 co doutor Antonio María Ferreiro, veciño de Brión, fillo de Domingo Ferreiro e Antonia Torreira Pérez Valdivieso, veciños que foron de Santiago.
Pais de Enrique Ferreiro Abente, nacido na parroquia de S. Fix de Solovio en Santiago, que foi avogado e catedrático, e que casou aos 31 anos o 25 de xaneiro de 1880 coa súa parente Elvira Pondal Abente, de 31 anos.
Responder