De Oeixo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

De Oeixo

Mensaje por LAVANDAL »

Ola, a ver se sabedes algo deste apelido ou se podedes confirma-lo pouco que eu sei.

Existe o apelido castelanizado "Eijo", ou aparentemente castelanizado na pronuncia. Provén do lugar do Eixo, na parroquia de San Román de Vilaestrofe (ou Villaestrofe?, outra dúbida que teño para o incrible Navaza), no concello de Cervo. Na súa forma Eijo é bastante común na comarca. Hai moito tempo xa, lin na Voz de Galicia un pequeno artigo, non recordo se de Alonso Montero ou de Carvalho Calero (ou quizais de ningún dos dous) facendo referencia á parroquia do Eixo, no concello de Santiago. Alí defendía a teoría de que o nome proviña dunha forma descoñecida do latin "olegicum*". Polo tanto o nome correcto sería Oeixo, que por etimoloxía popular pasaría a O Eixo.

En documentos antigos o apelido Eijo aparece sempre como Do Eijo ou Do Eixo, sempre con artigo. Pero teño visto algún Oeijo. Consérvase actualmente só Eijo e, curiosamente, Doeijo todo xunto.

A miña opinión é que o apelido correcto debería ser DE OEIXO, que pensades?
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

Mensaje por LAVANDAL »

Unha anécdota sobre o apelido "Eijo":

Segundo conta a persoa máis importante deste país, D. Isaac Díaz Pardo, no seu libro "Galicia hoy y el resto del mundo" (1987), o profesor Montero Díaz tivo moito que ver na morte do bispo ultrafascista Leopoldo Eijo Garay (autoproclamado "Patriarca de las Indias Occidentales") ao descubrirlle que o seu apelido era unha castrapada. Un home da súa alcurnia e autoridade non podía soportar iso e morreu en quince días.

En realidade o tal bispo procedía dunha familia humilde da parroquia de San Román de Vilaestrofe. Deixou unha fundación para que tódolos mozos co apelido "Eijo" que fosen á mili recibisen unha pequena paga. Sei de moitos que a cobraron...

Agora que non hai mili poderían recupera-lo apelido verdadeiro, para que se remova na tumba o bispiño ese, non credes?
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

MÁIS DATOS

Mensaje por LAVANDAL »

Irei poñendo datos segundo os atope:

ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID:
Preito de Alonso de Eijo, veciño de la freguesía de Santo Estebo de Sumoas e Mondoñedo. 1513
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

OEIJO

Mensaje por LAVANDAL »

Aparece unha Canuta Constantina Martínez Oeijo, nacida en 1886 en Nafarroa, filla de Josefa Oeijo, nos arquivos dos mormóns.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

MÁIS

Mensaje por LAVANDAL »

Outro Emilio Doeijo Galán, nado na Coruña por 1904.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

OUTRO OEIJO

Mensaje por LAVANDAL »

Un Francisco Oeijo na illa de Ellis en 1922.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

MÁIS

Mensaje por LAVANDAL »

Máis:


ARQUIVO DO REINO DE GALIZA:
1.- OS RACIONEIROS DE SANTI-ESPIRITUS DE SANTIAGO CON BENITO DE EIJO E PEDRO DA TORRE, SOBRE REIVINDICACIÓN DO LUGAR DE RODIZ EN S. SIMON DONS. 1549-1833
2.- JUAN DO EIJO CON FERNANDO FERNÁNDEZ DE BARTÓN, SOBRE QUE SENDO AQUEL ESCRIBAN DE NÚMERO NESTA XURISDICIÓN, ESTE MEZCLÁBASE EN DAR FE. 1561
3.- RODRIGO DO EIJO CON JUAN PARDO DE AGUIAR: REIVINDICACION POLO SOUTO E MUÍÑO DO SOUTO. 1603
4.- OS VECIÑOS DO CALENDARIO DE NOIS E DOMINGO DE EIJO, O SEU PROCURADOR XERAL, CO XUÍZ DE RESIDENCIA DE NOIS, SOBRE PROCEDER DE OFICIO CONTRA OS VECIÑOS POR COUSAS LIVIÁS. 1625
5.- HOSPITAL DO BO SUCESO DA CORUÑA CON FRANCISCO BERMÚDEZ DE EIJO E CONSORTES. AUTO ORDINARIO SOBRE O CERRAMENTO DA HORTA, ZARZAL, SILVEIRA E PARRA DO LUGAR DE MIÑOS. 1724
6.- O TESOUREIRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, ONOFRE SALLERAS, CON ANDRES DO EIJO E OUTROS SOBRE MARAVEDÍS EN STA. BALLA DE OZA. 1744
7.- OS VECIÑOS DE SANTA MARÍA DOS ÁNXELES E FRANCISCO EIJO COA XUSTIZA DE ALTAMIRA, SOBRE ELECCIÓN DE MORDOMO PEDÁNEO. 1795
8.- LUIS JOSÉ SOLVEIRA CON JULIÁN DO EIJO, SOBRE QUE SE DESE FIANZAS E CUMPRISE CON OUTRAS ORDINARIAS COMO XUÍZ DA XURISDICIÓN DE NOIA. 18O9
9.- O FISCAL DA SÚA MAXESTADE E O CORRIXIDOR DA VILA DE VIVEIRO CO ALCALDE MAIOR DE MONDOÑEDO SOBRE A CAL COMPETE O COÑECEMENTO DO EXPEDIENTE FORMADO PARA A MISIÓN EN POSESIÓN DE DOUS ANIVERSARIOS FUNDADOS POR NICOLÁS DO EIJO. 1825
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

EIXO

TOPONIMIA
CERVO (Lugo) San Román de Vilaestrofe (San Román) Eixo, O
FOZ (Lugo) Cordido (San Xiao) Eixo, O
FOZ (Lugo) Fazouro (Santiago) Eixo, O
MONFERO (A Coruña) San Fiz de Monfero (San Fiz) Rego do Eixo, O
A freguesia de San Cristovo do Eixo (Compostela)

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO, coa grafia Eijo:
Provincia da Coruña: 16 abonados, nas comarcas de Bergantiños, A Coruña e Compostela
Provincia de Lugo: 75 abonados, na sua meirande parte na comarca da Mariña, nos concellos de Burela, Foz, Cervo, Xove...
Provincia de Ourense: 0 abonados
Provincia de Pontevedra: 13 abonados, principalmente no concello de Vigo

Coa grafía Doeijo (do+eijo):
Provincia da Coruña: 3 abonados, en Oleiros e A Coruña
Provincia de Lugo: 0 abonados
Provincia de Ourense: 0 abonados
Provincia de Pontevedra: 1 abonado, en Tomiño

Non se atopan en Portugal. Na Galiza non hai actualmente persoas que usen o apelido coa grafía Oeijo

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Segundo a GEG, ven grafiado como Eijo e ten orixe galega. Levou como brasón: En campo de prata, unha banda de azur, e en xefes tres bandas de goles

OPINIÓN PERSOAL
Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponímica que semella ter varias orixes.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

máis probas de que o correcto é oeixo

Mensaje por LAVANDAL »

Nos arquivos da Universidade de Santiago hai dous escritos nos que aparece en latín a forma "olegio", para nomear o que hoxe se chama O Eixo:

1260.- ...Martini, dictus Boras, et Marina Tonas habebant in villari de Oegio, que est in filigrisia sancti Simeonis de Aoes. et deuemos...

1274.- ...et ganancia, [que est in] uilla de Feros et in Olegio et in tota filigresia sancti Simeonis de Oes, cum casis,...
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

máis

Mensaje por LAVANDAL »

Documentos do tumbo da catedral de Santiago:

...Luxu. aliam quoque ecclesiam que uocatur scs. Martinus in ualle Olegio non longe separatum ab isto loco sancto cum omni integritate... 1087

...Luxu. aliam quoque ecclesiam quae vocatur sanctus Martinus in Valle Olegio, non longe separatum ab isto loco sancto cum omni sua... 1097

...kartulam vendicionis sicut facimus de hereditatibus nostris quas habemus in Olegio, concurrentes ad ecclesiam Sancti Simeonis de Aonis, videlicet in Recemundi,... 1182

...in ecclesia sci. Iohannis de Calo et sci. Xristofori de Olegio et quidquid acquisivi in Ordildi preter medietatem ipsius ecclesie que... 1223
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

DE OEIXO no AHUS

Mensaje por LAVANDAL »

Documentos no Arquivo Histórico Universitario de Santiago:

1.- Información de limpeza de sangue de José Bernardo do Eixo Cordido, natural de Mondoñedo (Santiago), colexial electo a unha bolsa sumulista do Colexio de San Xerome, destinada aos naturais do bispado de Mondoñedo.
Xenealoxía:
- Pai: Lorenzo Díaz de Cordido
- Nai: Lucía Fernández de Santiso
1715

2.- Preito a oito bolsas sumulistas do Colexio de San Xerome, destinadas aos naturais de: tres aos do arcebispado de Santiago, unha aos do bispado de Lugo, dúas aos do de Mondoñedo, unha aos do de Ourense, unha aos do de Tui; máis unha bolsa lóxica destinada aos naturais do bispado de Lugo.
Opositores:
...
- Mondoñedo: José Antonio de Castro, José Bernardo Eixo Cordido, Rosendo Fernández de Castro
...
1716


Isto dálle máis posibilidades ao lugar do Eixo, na parroquia de Cordido, no concello de Cangas que ao da parroquia limítrofe de San Román de Vilaestrofe, para se-la orixe do apelido...
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

do Eixo

Mensaje por serba »

Josef do Eixo

Sabemos que vivía el 15/2/1788, fecha en la que aparece mencionado en el libro "Historia de Mondoñedo", de Francisco Mayán Fernández, -página 195- a raíz de un escrito en el que los declarantes detallan el estado de la metalurgia de la zona:

... D. Pedro Sánchez de Quiros, cura párroco de la feligresía de Santa María de Rua... Juan Andrés da Fraga, Juez ordinario de dicha feligresía...

Antonio Fernández Cabarcos
Antonio Gómez
Matheo Cao
Jacobe Vassanta
Josef do Eixo
Lorenzo Méndez
Francisco da Fraga
Juan Díaz
Juan Antonio Meitín
Francisco Gomez
Francisco Sacido
Francisco Vassanta
Bernardo Gomez
Manuel Saabedra
Antonio Cillero
Juan Garzía
Domingo Rodríguez
Antonio Bazquez
Josef Bazquez
Antonio Gomez de Bouzas chas
Francisco de Sá
Manuel Balseiro (en nombre de su padre)
Sebastián Francisco Barreiro
Josef Lipina el nuebo
Josef Seara
Benito Justo
Francisco Perez
Nicolas Rodriguez
Alexandro Lopez
Antonio Sacido
Antonio Rodriguez
Manuel Goas
Pedro Durán
Angel de Cazas
Antonio Raimundo Ybáñez
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

DO EIXO

Mensaje por serba »

JUAN DO EIXO

Escribano y vecino de San Martiño de Mondoñedo. Vivía en 1573.

Extraído de "Castro de Rei. Historia, Arte y Patrimonio", de D. Luis López Pombo -página 108-.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

CARTOGRAFÍA

Mensaje por LAVANDAL »

Distribución do apelido EIJO por concellos, ordenados segundo a porcentaxe calculada sobre a cantidade total de apelidos rexistrada en cada concello (Datos da Cartografía dos apelidos de Galiza do Instituto da Lingua Galega: http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp ):

Xove: 89 (1'2486%)
Cervo: 93 (0'9212)
Burela: 143 (0'8566)

Foz: 101 (0'5288)
Viveiro: 33 (0'1077)
O Valadouro: 4 (0'086)
Alfoz do Valadouro: 4 (0'0853)
A Laracha: 12 (0'0558)
Manzaneda: 1 (0'0434)
Trabada: 1 (0'0317)
Oia: 1 (0'0173)
Barreiros: 1 (0'0151)
Culleredo: 7 (0'0147)
Vigo: 70 (0'012)
Pontedeume: 2 (0'0115)
Teo: 3 (0'0094)
Cerceda: 1 (0'0091)
Oleiros: 4 (0'007)
A Coruña: 33 (0'0068)
Ortigueira: 1 (0'0062)
Arteixo: 3 (0'0061)
Marín: 3 (0'0061)
O Porriño: 2 (0'0061)
Muros: 1 (0'005)
Santiago: 9 (0'0049)
Carballo: 2 (0'0035)
Vilalba: 1 (0'0032)
Lugo: 5 (0'0028)

TOTAL GALIZA: 630 (0'0231%)



Do apelido DOEIJO:

Cariño: 3 (0'0312%)
Culleredo: 4 (0'0084)
Foz: 1 (0'0052)

Tomiño: 1 (0'0044)
A Coruña: 19 (0'0039)

TOTAL GALIZA: 28 (0'001%)
Responder