Cal

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
freire
Mozo
Mozo
Mensajes: 14
Registrado: 17 May 2002, 09:00
Ubicación: A Coruña
Contactar:

Cal

Mensaje por freire »

Este apelido aparece distribuído por todo o territorio galego, ás veces co artigo contracto incorporado, tanto o feminino (Dacal) como o masculino (Docal), xa que o nome común cal do que vén dubidou ente os dous xéneros. O escritor Ernesto Guerra da Cal escribía así o seu apelido.
O nome cal significa “levada, corrente de auga conducida artificialmente nos muíños” e tamén aparece coas formas quenlle e canle.
En galego pode usarse canal en tanto que cultismo. O apelido Canal existe en Galicia, cecais como castelanización, e é o do meu compañeiro de claustro X.L. Suárez Canal; e Fuentes Canal foron dous irmáns de Verín que pasaron á Historia por seren os primeiros asasinados na provincia de Ourense polo franquismo. Apareceron nunha gavia de Carfaxiño (Vilanova dos Infantes) cos corpos facendo unha cruz.
O apelido Cal será, pois toponímico. Levaríanno inicialmente algúns que vivisen nun lugar achegado á cal de calquera dos milleiros de muíños que hai en Galicia e estes primeiros Fulano da Cal transmitiríanllo aos seus sucesores a través do tempo. A preposición e o artigo desaparecería como noutros moitos casos. [...].
Ah, o étimo de cal é o latín vulgar canale con perda do -n- intervocálico distintiva do idioma galego.

Fonte: X.L. Méndez Ferrín. Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. El Sábado. Faro de Vigo 9/7/2005
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Sobre a grafía DOCAL teño serias dúbidas que teña que ver con DACAL, pois existe unha aldea chamada DOCAL na freguesia Chavin (Viveiro), e moitos dos DOCAL viven perto do lugar. Sobre Canal, existe na nosa toponimia:

CAMBRE (A Coruña) Cecebre (San Salvador) Canal
CORISTANCO (A Coruña) Oca (San Martiño) Canal, O
FRADES (A Coruña) Moar (Santaia) Canal
PONTEAREAS (Pontevedra) Ribadetea (San Xurxo) Canal, O

Ainda que na provincia de Ourense non se atopa...
Responder